A evolución de Caballa 14 (A Coruña)
Volvemos a Caballa 14 e comprobamos como a pequena izakaya vai evoluindo, vaise asentando.
Aparecen novos pratos para complementar a secuencia de nigiris do omakasé; en algún caso, até para roubarlle protagonismo, como o estupendo salpicón con toro. No sashimi, moi bo peixe e mollos que lle dan unha personalidade diferente.
Toro, carabinero, anguía, cigala con papada, ourizo, foie... o produto e o tempero dos nigiri segue marcando un ton ben alto. Coido que o espazo para continuar crecendo está no arroz.
En fin, paso firme, personalidade marcada, evolución. Moi boa relación calidade-prezo. Para volver moitas veces máis.
Comentarios