Tradición, produto e vistas en Nito (Viveiro)
Carallo, manexan bo produto en Nito. A nécora e as ameixas do inicio do menú eran monumentais, tanto que case opacaron un bo salpicón de lubrigante que chegou no medio delas.
Tamén saben guisar, dándolle ás luras ese fondo espeso e sabedeiro que cada vez se ve menos. Moito había que non tomaba bonito en rollo: este estaba moi bo. Talvez a robaliza do peche fora o menos sobranceiro.
A adega non queda atrás, non. Os grandes galegos están alí todos: o Balado de Zárate foi unha magnífica opción, das moitas que había a escoller.
E, claro, despois está ese balcón sobre a praia de Area, cunha vista que alimenta por si mesma. Tomar o café alí despois da homenaxe na mesa foi o colofón dun plan magnífico, tralo roteiro por Ortegal que amosei por aquí hai un par de posts.
Comentarios