Unhas horas en Porto (e un par de sitios onde ir tomar viño)
¡Que cidade, Porto! Foran só unhas horas, pero cundiron moito.
Alén das vistas e das ruelas, dos rabelos e das pontes, das igrexas e da Ribeira, da brétema e do solpor, dúas paradas estratéxicas que recomendo a todos:
- Un viño, un queixo e unhas conservas con vistas marabillosas ao Douro no Wine Quay Bar.
- Viñazos, coñecemento e unhas charcutarias de impresión (¡que lardo!) no Prova de Diogo Amado.
Comentarios