De viños por Porto e Lisboa
Complementando o post anterior sobre Porto, segue unha escolma de bares onde puidemos beber (e tamén comer) moi ben nunha recente escapadiña á propia cidade do Douro e tamén a Lisboa.
- Porto - Wine Quay Bar. Un viño, un queixo e unhas conservas con vistas marabillosas ao Douro.
- Porto - Prova. ¡Que bar o Prova! Viñazos, local, coñecemento e unhas charcutarias de impresión (¡que lardo!) por obra do Diogo Amado. Moi preto do Palacio da Bolsa.
- Lisboa - Prado Wine Bar. O irmán pequeno do restaurante Prado, xusto do lado (a metros da Sé). Moi boa cociña para compartir e interesante escolma de viños de pequenos produtores.
- Lisboa - The Old Pharmacy. No Bairro Alto, unha antiga farmacia reconvertida en bar de viños (¡non se me ocorre mellor transformación!). Para na noitiña, sentar a carón dunha xanela e vivir o ambiente lisboeta cun gran viño dos moitos na carta.
- [Bonus track] Nazaré - Taberna de Adelia. É un restaurante, no centro antigo da vila, no que o que toca é escoller o peixe ou o marisco do mostrador onde colocan as pezas do día. Ademáis de comerse ben, a escolla de viños está á altura.
Comentarios