A Faragulla (Chantada): lume e produto local na Ribeira Sacra lucense


Caían máis de trinta graos en Chantada. Os ventiladores traballaban arreo no acolledor patio traseiro, sufrindo para desabafar á concorrencia, pouco afeita a esas temperaturas incluso en agosto.

Pero, aínda con moita calor, na Faragulla hai que optar pola brasa, polo lume, por máis calor. Porque realmente a manexan moi ben. Comprobámolo co año, ben zumarento, e tamén no vermelliño morno do chuletón de vaca.

Complementan ese bo trato do lume co produto do lugar. Abrimos con cecina e cunha ensalada de tomate con ventresca e manteiga desa dupla invencíbel que conforman Os Peperetes e Airas Moniz. Pechamos cunha de queixos da zona, incluído o Savel, claro. E acompañamos cun Finca Míllara, xa que viñamos de percorrer a aldea.

Unha parada recomendable cando se visita esa parte da Ribeira Sacra.

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar