Ultramarinos Galera (A Coruña): a lousa como esencia


Cando entres en Ultramarinos Galera só tes que facer unha cousa: ollar á esquerda, detrás da barra, e sacar unha foto da pizarra co produto do día. Non precisas nada máis, nen a carta, porque aí tes toda a esencia. Senta na mesa e sofre por non poder elixilo todo.

Nós fomos polo moi bo salpicón de bogavante, polo fresquísimo tartar de bonito con gazpacho de remolacha e parmesano, polos salmonetitos fritos, por unhas fantásticas gambas brancas, polos carabineros con ovos (pinchazo na xema, moi pasada, case sólida). Estupendo xantar.

(Non é de todo certo que non haxa que consultar a carta: cómpre mergullar na de viños, moi ben feita. Nós escollemos ese @mixturaiw que é pura seda).

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar