A Molinera (Lalín): cocido, si; pero moito máis


Dame vergoña, si, pero teño que confesalo. Nunca lle fun tomar o cocido a Diego López, "Moli". Manda carallo. Na miña defensa, non pasei ningún dos últimos doce invernos en Galicia. Seino, non é excusa. Prometo que o erro quedará corrixido o ano próximo.

Porén, téñolle probado outras cousas a Moli. Porque fai máis cousas e fainas moi ben. A última vez, a semana pasada. Lá fomos a Lalín, nun día gris que non foi obstáculo para dar un paseíño previo pola Fraga de Catasós.

Fainas moi ben, si. Xa sexa o pilpil que vai coa navalla ou a holandesa do espárrago, xa sexa o ponto do atún ou do mero (¡que boa a espardeña!), xa sexa a melosidade da carne (alí xoga en casa) ou a “meneabilidade” do flan. Mención aparte para a adega: din os que saben que unha das mellores de Galicia. O Luis Anxo Escolma 16, dende logo, estaba boísimo.

Entón, ao mellor agora tamén ti tes que corrixir un erro, non? 😉

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar