Miga (A Coruña): o refuxio dos domingos
Non vou ser eu quen se queixe da acelerada recuperación do que xa semella case un ritual na Coruña: os callos dos domingos. É máis, penso que deberíamos seguir esa liña para recuperar os pratos de culler en xeral, demasiado abandoados nas cartas dos restaurantes.
Pero voltando ao tema, o desafío entón pasa por 1) atopar restaurantes abertos os domingos, 2) que teñan uns callos deses, de mollo espeso, que fagan os beizos apelicárense, que piquen un pouco máis do xusto, e 3) que teñan unha cociña á altura dos callos.
Dous nomes que cumpren os tres requisitos veñen axiña á cabeza, e un deles é Miga. O domingo pasado, o “aperitivo” foi unha ensaladilla con tartar de langostino, uns erizos, uns berberechos con repolo e allo e un steak tartar cortado e aliñado como debe ser. E para pechar, claro, uns callos deses.
Ben aderezada, claramente é unha tradición ben recuperada...
(Vale, vale, o outro nome é Culuca)
Comentarios