Unha primeira aproximación ás propostas carnívoras da Coruña


As viaxes anuais veraniegas facían que, na inmensa maioría das ocasións, optásemos polos reis desa época do ano: os peixes azuis. Xardas, xurelos, sardinhas, bonitos non adoitan ser valorados (nen, por tanto, consumidos ou preparados en condicións) alá por Sudamérica. Os berberechos directamente non existen nen as ameixas se preparan como en Galicia.

Entón, as carnes foron - probablemente de xeito inxusto - as grandes esquecidas das últimas visitas. Iso había que corrixilo, claro, e non atopamos mellor forma de facelo que comendo no que, até onde eu coñezo, é o mellor restaurante de carnes da Coruña: Divino Steakhouse.

A calidade do que tomamos xa se ve nas imaxes. Caiu un chuletón de vaca espectacular no seu equilibrio de tenrura e sabor. Antes, unha non menos espectacular cecina de boi. E, para acompañar, un VX Cuvee Caco de entre as interesantes escollas na carta de viños. Tremendo.

Uns días despois, fou a vez do Asador Gonzaba. Repetimos eleccións, cecina e chuletón de vaca (ademais dunhas meritorias alcachofas con torrezno): sendo o resultado bo, hai unha diferencia importante co Divino.

En fin, quedan opcións diversas por descobrir: como mínimo, o Bereket e a próxima nova incorporación, Magoya. E, seguramente, algunhas outras que aínda non tiven tempo a identificar, pero para o que seguro vou contar coa vosa axuda...

Comentarios

Deixa o teu comentario...

Arquivo

Formulario de contacto

Enviar